O Concello de Pontedeume organiza unha nova edición do Deporte en Igualdade, no marco do día do deporte na rúa, a favor da igualdade de xénero.
A xornada será este domingo 21 de maio, de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h. a 20:00h.
A iniciativa ten como obxectivo promover a desaparición de actitudes sexistas e fomentar a convivencia e a percepción da igualdade entre as mulleres e os homes na práctica deportiva.
Programaranse actividades distribuídas por diferentes puntos da vila eumesa: Praza do Conde, Xardíns de Lombardero, Alameda, Peirao, Torreón e Pista Couceiro Freijomil.
Entre as propostas deportivas, propóñense tiro con arco, xadrez, tirolina, rocódromo, baloncesto, atletismo ou rappel, entre outras.
Outorgaranse camisetas conmemorativas e agasallos nas actividades de igualdade.