Debido á alta demanda do Curso de Xestión Electrónica para Asociacións que se celebrou o pasado mes de outubro, o Concello de Pontedeume
xunto coa Asociación Euroeume, organiza unha nova edición desta iniciativa formativa que comezará o vindeiro 3 de marzo.
Os contidos do curso centraranse en tres áreas:
-Trámites no rexistro de asociacións (certificados dixitais, xunta directiva, solicitude de certificados, modificación de estatutos, etc..)
-Xestión administrativa das asociacións: Ferramentas electrónicas, contabilidade, facturación e subvencións, etc..
-Comunicación e dinamización nas asociacións:Ferramentas electrónicas para elaboración de memorias, comunicación interna, difusión de actividades, manexo de redes sociais, etc..
Será todos os venres, desde o 3 de marzo e ata 21 de abril en horario de 18 a 20 horas, na Aula Cemit do Edificio de Foremdes.
Todas as entidades e persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información a través do correo electrónico euroeume@euroeume.org ou no teléfono 699556438.