Curso de Marketing Dixital aplicado ao pequeno comercio

Curso de Marketing Dixital aplicado ao pequeno comercio

O Concello de Pontedeume organiza un Curso de Marketing Dixital aplicado ao pequeno comercio.
Terá lugar na Aula Cemit do Edificio de Foremdes entre os días 25 de novembro e 2 de decembro en horario
de 15 a 17 horas.

Durante este curso os asistentes coñecerán como xestionar unha tenda online, integración de tpvs,
principios básicos sobre posicionamento na web, realización de campañas de comunicación, ferramentas de fidelización ou
plataformas de venda multicanal.

Todos os interesados poden inscribirse na páxina web https://cemit.xunta.gal ou no email cemit.pontedeume@xunta.gal