CONVOCATORIA DO CURSO DE FORMACIÓN ESPECÍFICA DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

form_sugerencias

A formación de socorristas resulta esencial para o desenvolvemento do destino turístico de Ferrolterra do que forma parte o Concello de Pontedeume, o curso está organizado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e ten carácter gratuito.

O prazo de inscripción comeza hoxe 23 de agosto ata o 5 de setembro.

Ten unha duración de 240 horas, consistentes en 120 horas a convalidar cunha proba específica de natación e outras 120 horas de formación presencial teórico-práctica.

Adxúntanse enlaces ás bases e á solicitude:

https://comarcaferrolterra.wordpress.com/wp-content/uploads/2024/08/bases_curso_socorrismo_2024.pdf

https://comarcaferrolterra.wordpress.com/wp-content/uploads/2024/08/solic_partic.pdf