Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2024

form_sugerencias

No DOG do luns, 29 de abril de 2024, publícase a RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2024 da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 5 de marzo de 2024

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS:
– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
18 de maio de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.

19 de maio de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.

– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
25 de maio de 2024, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
26 de maio de 2024, para todas as persoas admitidas.

– Celga 1, en Santiago de Compostela:
1 de xuño de 2024, para todas as persoas admitida

Toda a información está dispoñible na seguinte ligazón

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240429/AnuncioG0655-150424-0007_gl.pdf