Charlas aclaración de dúbidas – Axudas GALP

Charlas aclaración de dúbidas – Axudas GALP

O martes 26 de setembro publicouse no DOG a ORDE do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2023

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230926/AnuncioG0427-150923-0004_gl.pdf

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. (26 DE OUTUBRO DE 2023).

Desde o Concello de Pontedeume realizaranse en colaboración co GALP Golfo Ártabro Norte, unhas charlas o vindeiro 17 de outubro na Casa da Cultura de cara á aclaración de dúbidas para os posibles proxectos que queiran concorrer a estas axudas.