O Concello de Pontedeume súmase ás accións desenvoltas pola Xunta de Galicia, con fondos da Unión Europea no Marco do Plan de recuperación, Transformación e Resiliencia (fondos C19 13), destinados á mellora das capacidades dixitais para persoas desempregadas, co obxectivo de impulsar o emprendemento e o desenvolvemento rural e reducir a brecha de xénero. O...
Categoría: Obradoiros
Os irmandiños e andaina cultural no Castelo de Andrade
O sábado 23 de xullo terá lugar unha iniciativa innovadora aos pés do Castelo de Andrade. O Ateneo Eumés xunto co Concello de Pontedeume organiza unha andaina cultural ata o Castelo de Andrade, xunto con dous relatorios sobre a familia dos Andrade e Roi Xordo e Alonso de Lanzós e un concerto de música medieval...
Obradoiros infantís de cociña saudable no Mercado Municipal
Este martes e mércores en horario de 11:30 a 13 horas haberá obradoiros para rapazas e rapaces entre seis e once anos no Mercado Municipal de Pontedeume. Aprenderán a elaborar as súas propias mini hamburguesas de pescado e pinchos de froitas multicolor.
Exposición Pacto Verde Europeo
A exposición Pacto Verde Europeo de EUROPE DIRECT A Coruña chega o 3 de xuño a Pontedeume • A cidadanía poderá achegarse de forma sinxela e didáctica aos obxectivos, retos e medidas climáticas e medioambientais que establece a Unión Europea para as vindeiras décadas • Pontedeume tamén acollerá unha actuación de malabares, equilibrios e acrobacias...
Somos moito Tour
Os Concellos de Pontedeume e Cabanas, súmanse á Campaña de Comunicación sobre Oportunidades e Políticas Xuvenís para a Participación e a Inclusión Social da Xuventude. Esta campaña está promovida pola Deputación da Coruña dentro do seu programa Europe Direct. Trátase dun proxecto informativo, itinerante e participativo que ofrecerá ferramentas , coñecementos e metodoloxías da educación...