A Asociación Cultural Municipal “Airiños do Eume” xunto co Concello de Pontedeume impulsan a carta edición de “Cantos de Taberna” despois da súa suspensión durante dous años desta actividade debido ás restricións impostas pola crise sanitaria.
Un programa completo que abrangue toda a fin de semana (20, 21 e 22 de maio) e que contará con pasarrúas, feiras de artesanía, sesións vermú, obradoiros e sorteos.
As actividades comezarán o venres 20 con pasarrúas e diversas actuacións, o sábado 21 maís de 16 grupos amenizarán as rúas do casco histórico visitando os localis de hostelaría eumeses e tamén celebrarase unha feira de artesanía, foliada e concursos na Alameda de Rajoy.
O domingo continuará coa feira de artesanía, obradoiros de baile, sesión vermú da man de A Requinta da Laxeira, sorteos e actividades para nenas e nenos.