Os días 8 e 9 de xullo Pontedeume acolle o Festival de Músicas Trasatlánticas “O Encontro Migrante”. Un festival promovido pola asociación Afuerenyo e apoiado polo Concello de Pontedeume que pretende crear intercambios culturais a través das músicas de autor e o folclore actual de Argentina, Cuba, Colombia, Portugal e Galicia. A presentación do festival...
Author: Concello de Pontedeume (Concello de Pontedeume )
28 de Xuño- Día da Diversidade Sexual
O Concello de Pontedeume súmase un ano máis á campaña impulsada dende a área de Igualdade da Deputación Provincial da Coruña “Liberdade de Ser e Sentir”, con motivo do Día da Diversidade Sexual. Dende a área de Igualdade municipal achegámosvos a programación e o enlace da campaña para que visitedes a web seresentir.gal, onde atoparedes...
Obradoiros infantís de cociña saudable no Mercado Municipal
Este martes e mércores en horario de 11:30 a 13 horas haberá obradoiros para rapazas e rapaces entre seis e once anos no Mercado Municipal de Pontedeume. Aprenderán a elaborar as súas propias mini hamburguesas de pescado e pinchos de froitas multicolor.