Ampliación datas de apertura da Exposición de Centros Museísticos de Ferrolterra

Ampliación datas de apertura da Exposición de Centros Museísticos de Ferrolterra
O Centro de Interpretación dos Andrade do Concello de Pontedeume está presente na Exposición de Centros Museísticos de Ferrolterra no Museo Naval de Ferrol.
A mostra permanecerá aberta ata o día 15 de setembro, co obxectivo de difundir o labor que desempeñan os centros museísticos da contorna e dar a coñecer a riqueza histórica, cultural e etnográfica desta.