Subasta solidaria ITIC´S
Subasta solidaria ITIC´S
30 Novembro, 12:00 - 14:00
O equipo de @itics_ Institución Turística Inclusiva Cultural y Social sin ánimo de lucro, convídavos a celebrar 3 anos de Impacto Social Transformando Vidas coa nosa Subasta Benéfica de artesanía de moda sostible e a presentación da VII edición do noso evento benéfico de vodas 100% e Experiencial @weddingpacksolidario que terá lugar en marzo de 2025 en Pontedeume.
Que atoparás neste evento?
• Obras de artesanía únicas doadas polo artesán portugués Luis Balão, feitas con materiais reciclados e deseñadas cun profundo respecto polo medio ambiente e a identidade.
• Un entorno inclusivo, coa colaboración de AXF Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra con intérpretes de lingua de signos (ILSE).
• O apoio do Concello de Pontedeume, a Deputación da Coruña e Generali Seguros Pontedeume, que fan posible este espazo accesible a todas as persoas, promovido por I’TICS.
A túa participación ten unha dobre finalidade: parte da recadación desta Subasta, xunto coa Iniciativa Solidaria de I’TICS en MiGranoDeArena, destinarase a apoiar ao pequeno comercio valenciano afectado pola DANA, axudándolles a recuperarse e seguir adiante.
Reserva a data. Celebra e suma a túa pegada a un proxecto que transforma vidas!