COÑECE EUROPA CON KALOPSIA
![Cargando eventos](https://www.pontedeume.gal/wp-content/plugins/the-events-calendar/src/resources/images/tribe-loading.gif)
- Este evento xa pasou.
COÑECE EUROPA CON KALOPSIA
12 Abril, 17:00 - 18:00
![](https://www.pontedeume.gal/wp-content/uploads/2024/04/WhatsApp-Image-2024-04-10-at-11.18.18.jpeg)
O Concello de Pontedeume acolle o día 12 de abril o obradoiro de contacontos Coñece Europa con Kalopsia, que percorrerá quince municipios da provincia da Coruña nos vindeiros meses para achegar a Unión Europea a nenos e nenas.
👉Esta actividade forma parte da programación que Europe Directo A Coruña ofrece aos concellos adheridos á rede Europa no teu Concello.
📍Será este venres, día 12 de abril, ás 17:00 na Casa da Cultura de Pontedeume.
✅Coñece Europa con Kalopsia explica ao público infantil dunha maneira sinxela e entretida o funcionamento e valores da UE. A sesión comezará cun achegamento a algúns contos e libros infantís europeos para coñecer un pouco da tradición literaria da UE e as diferentes culturas que a compoñen.
📖A continuación, o público poderá escoitar a narración do libro ‘Kalopsia: Un planeta non tan diferente’, editado pola Representación da Comisión Europea en España.
O conto está pensando para que os nenos e nenas coñezan a orixe da Unión Europea e entendan que a diversidade é un valor que nos enriquece.
Para rematar, a cativada asistente converterase en protagonista, xogando a formar os seus propios países e alianzas. A actividade contará con intérprete de lingua de signos para garantir a accesibilidade.
Pódese atopar información xeral sobre a iniciativa na páxina web https://www.dacoruna.gal/europedirect/europedirect-coruna/agenda/2024/conoce-europa-con-kalopsia-cuentacuentos/