Visitas Guiadas .” Patrimonio descoñecido”
- Este evento xa pasou.
Visitas Guiadas .” Patrimonio descoñecido”
25 Marzo, 17:00 - 27 Marzo, 18:30
Visita guiada á Igrexa de Santiago e as carracas.
Durante a Semana Santa, desde o Concello de Pontedeume e coa colaboración da Igrexa de Santiago, levaranse a cabo visitas guiadas á propia Igrexa e tamén a un dos elementos máis característicos que acubilla no seu interior: as carracas.
✅”A través deste percorrido coñeceremos datos curiosos da construción, así como o seu funcionamento e significación” sinala a concelleira de Turismo, Ángela Piñeiro Carrera.
🔔A visita permite, así mesmo, desfrutar dunha panorámica privilexiada da vila dende o alto da igrexa.
✍️ Para realizar a visita, en grupos de ata 15 persoas, requírese inscrición previa. Esta poderá realizarse de diferentes xeitos:
● Na Oficina de Turismo en horario de 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30
● No teléfono 981 430 270
● No correo electrónico oficinaturismo@pontedeume.gal
📅As visitas terán lugar o luns 25 de marzo de 17:00 a 18:30, o martes 26 de 12:00 a 13:30 e de 16:45 a 18:15, e o mércores no mesmo horario que o martes.
⚠️Importante: ao tratarse dun edificio histórico, algúns dos seus accesos, en particular as escaleiras que van ás carracas e ao campanario, non foron construídos coa debida accesibilidade, sendo escalóns moi altos e estreitos.