8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
- Este evento xa pasou.
8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
8 Marzo, 08:00 - 23:30
O Concello de Pontedeume baixo o lema “Crecendo en Igualdade”, volta a impulsar un ano máis a campaña coa que se suma á conmemoración o vindeiro día 8 de marzo do Día Internacional da Muller. Esta data promovida por Nacións Unidas é unha data para facer visibles e poñer en valor os logros, as dificultades, os retos acadados en materia de igualdade de xénero, este día ten que servir de chamamento para a reflexión acerca dos avances acadados en materia de igualdade entre mulleres e homes, para a sensibilización da cidadanía sobre a necesidade de seguir avanzando nesta loita de xustiza social onde unhas e outros temos que ter as mesmas obrigacións e os mesmos dereitos sen que o noso sexo poida condicionar ou manter posicións de inferioridade das mulleres respecto dos homes.
Crecendo en Igualdade tamén implica para esta administración que a resposta a ese chamamento ten que implicar a todas e todos, as persoas individuais, aos colectivos, as institucións cada quen dende o seu espazo de incidencia e acción ten que sumar cara a que un día a igualdade de xénero sexa un feito real na práctica non só na teoría.
A programación dará comenzo coa lectura pública da declaración institucional na que o Concello de Pontedeume ratifica seu compromiso firme no mantemento das políticas e accións positivas que no marco da legalidade favorezan unha sociedade máis xusta e igualitaria ou a posta en marcha de novas accións baixo ese mesmo obxectivo. A lectura da declaración terá lugar o propio día 8 ás 12:00 h. na Praza Real ira acompañada da entrega do material da campaña “crecendo en Igualdade”.
Ao longo de o mes de marzo ata o mes de maio realizaranse distintas accións de formación para favorecer a corresponsabilidade e a conciliación das familias eumesas có obxectivo de acadar un reparto equilibrado das tarefas domésticas e das responsabilidades familiares para compartir e descubrir novos usos do tempodas que puntualmente se informa e ira informando. Actividades para as que o Concello ten solicitado a Xunta de Galicia na convocatoria da Secretaria Xeral de Igualdade 2024 para o impulso de accións en pro da igualdade entre mulleres e homes axuda económica para impulsalas.