CURSO DE MONITORA/MONITOR DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE 2024

CURSO DE MONITORA/MONITOR DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE 2024

O Concello de Pontedeume, dentro das accións impulsadas dende a área de igualdade municipal que ten como prioridade, entre outras, a de fomentar accións, estratexias e servizos que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias eumesas vai impulsar ao longo do presente ano un programa de formación para promover a perspectiva de xénero.

Para impulsar o programa de formación está solicitada unha subvención da Conselleria de Promoción do Emprego e a Igualdade. Conforme marca a Resolución e establecen as bases da Secretaria Xeral de igualdade dentro da Liña Plan Corresponsables a primeira das accións previstas é o Curso de Monitora/Monitor de actividades de Tempo Libre con especial formación en materia de corresponsabilidade e conciliación. Este curso vai deseñado poñendo especial atención no enfoque e a promoción da igualdade entre mulleres e homes, dada a necesidade que existe de contar con persoal profesional para o traballo en servizos e actividades municipais que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e a corresponsabilidade e novos usos do tempo das familias.

O curso dará comenzo a finais do mes de febreiro ata o mes de maio.

Todas as persoas interesada poden informarse e inscribirse no departamento de servizos sociais ata o vindeiro día 21 de febreiro.