O Servizo de Información e Asesoramento Xurídico dirixido á muller nace no Concello de Pontedeume como unha das ferramentas máis axeitadas coas que esta administración tenta favorecer o establecemento de políticas e medidas efectivas para que a Igualdade de Oportunidades sexa real. Este servizo estará adscrito ao Programa de intervención social na área da Igualdade depende da Concellería de Servizos Sociais.
O Servizo de Información e Asesoramento Xurídico para Muller responde as accións a desenvolver dentro dun compromiso municipal de establecer políticas en materia de Igualdade de Oportunidades que favorezan o establecemento dunhas liñas de Promoción da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. A premisa de partida á hora de establecer os obxectivos deste Servizo pasa pola sensibilización da sociedade en xeral e a administración pública en particular sobre a problemática que afecta ás mulleres, xa que é imprescindible, para a plena incorporación das mesmas a todos os ámbitos da sociedade, que
coñezan os seus dereitos a fin de articular as distintas solucións e ofertar medidas que, individual e colectivamente, abran camiños cara a igualdade real e efectiva.
Dirixido e coordenado polo persoal técnico do departamento de Servizos Sociais o seu funcionamento ven establecido por un regulamento de reximen interno que se pode resumir nos seguintes puntos:
- A localización espacial deste servizo esta ubicada no seguinte enderezo:
Edificio do Xulgado
Av/ do Peirao S/N
15.600 Pontedeume A Coruña
Télf.: 981- 433288
Fax: 981- 433704 - É un Servizo gratuíto
- Funcións: Información legal e asesoramento
- Persoal: O Servizo estará atendido por unha ou un profesional da avogacía con formación especifica en materia de violencia de xénero e dereito de familia.
- Destinatarias: Ao Servizo poden achegarse todas as mulleres deste Concello que necesiten asesoramento e información en
materia xurídica e especialmente aquelas mulleres afectadas por problemáticas derivadas de situacións de violencia e crises familiares. - Forma de acceso: Cita previa establecida por solicitude telefónica ou presencial ao persoal técnico do departamento de Servizos Sociais, estando o rexistro custodiado pola animadora socio- comunitaria.
- Horario de Atención : venres de 9:00 a 14:00h.
Este servizo de outubro de 2022 a setembro de 2023 estivo cofinanciado pola Unión Europea co obxectivo de previr a violencia de xénero e de mellorar a situación das vítimas de violencia de xénero e das mulleres en situación de especial vulnerabilidade.