O Concello de Pontedeume participará na Feira da Primavera do Camiño Inglés promovida pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña.
Este evento anual, terá lugar nesta edición, o vindeiro 10 de xuño no Embalse de Beche (Abegondo) e incluirá diferentes actividades gastronómicas, culturais e un mercado de artesanía.
Nesta ocasión, o Concello de Pontedeume realizará iniciativas de promoción e difusión do seu patrimonio histórico, cultural e gastronómico.
Demostracións da aplicación de realidade aumentada “Camiñando polo Pontedeume medieval”, proxeccións de materiais audiovisuais, e reparto de merchandising relacionado co próximo XIII Feirón Medieval dos Andrade que terá lugar entre os días 30 de xuño e o 2 de xullo de 2023.
Ademáis, ás 12:30 da mañá terá lugar a presentación da “Guía da Igrexa de Santiago de Pontedeume” realizada polo historiador Carlos de Castro Álvarez, que versará sobre a súa importancia dentro do Camiño Inglés e os últimos descubrimentos realizados tras a restauración do retablo maior.
Unha iniciativa que pon en valor este itinerario xacobeo que está a rexistrar un 30% máis de peregrinos en relación a anos anteriores e que ten como obxectivo a conservación do Camiño Inglés e o enriquecemento das experiencias das peregrinas e peregrinos co realizan.