Apagón medioambiental

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

Apagón medioambiental

5 Xuño, 2023, 23:00 - 6 Xuño, 2023, 07:00

O Concello de Pontedeume únense ao “apagón” para concienciar sobre o cambio climático

A acción convocada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no Día do Medio Ambiente encádrase no proxecto europeo “People and Planet”

O Concello de Pontedeume únese este luns, 5 de xuño, ao “apagón” convocado pola entidade con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que este ano se centra na contaminación por plásticos.
A partir das 23 horas, suspenderase a iluminación pública do Torreón dos Andrade co fin de concienciar sobre o consumo de enerxía.
A acción encádrase no proxecto europeo “People and Planet”, que implica á mocidade e aos gobernos locais na loita contra o cambio climático.

O “apagón ambiental” proposto polo Fondo Galego é unha das máis de 50 actividades que se están a impulsar nos concellos socios dentro do proxecto “People and Planet”, que van desde accións de rúa como a comunicación de guerrilla e a performance ata obradoiros de cociña sustentable, debuxo urbano, exposicións virtuais, concursos, etc.
Ademais, neste marco púxose en marcha en oito países a campaña “Water of the future”, co fin de situar na axenda pública a problemática da escaseza de auga a nivel global e as súas graves consecuencias, así como fomentar hábitos sostibles cos que contribuír a mitigar esta situación.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 100 concellos e as Deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento.
Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur Global e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional.
Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego vén de cumprir 25 anos tendo apoiado uns 200 proxectos en máis de trinta países e promovendo numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur e a Axenda 2030.

Detalles

Comezo:
5 Xuño, 2023, 23:00
Remate:
6 Xuño, 2023, 07:00
Categorías do Evento:
,

Recinto

Torreón dos Andrade
Avda. Torreón, s/n
Pontedeume, A Coruña España
Phone
981 430 270

Organizador

Concello de Pontedeume
Phone
981 433 054
Correo
correo@pontedeume.gal
Ver a páxina web do Organizador