O Concello de Pontedeume presenta as actividades de ocio e tempo libre dirixidas á rapazada para este verán.
Esta actividade organizada pola escola de tempo e aire libre Néboa, coa que colabora o Concello de Pontedeume, inclúe dúas quendas: o campamento multiaventura, do 5 ao 17 de xullo para á rapazada de 12 a 17 anos, e o campamento Robinson, do 22 ao 29 de xullo para a cativada de 6 a 11 anos.
Estes campamentos desenvólvense na área natural de Vilarbó, no Concello de As Pontes, e inclúen actividades deportivas, culturais e ao aire libre. Pódese consultar máis información sobre a actividade en:
http://neboa.org/index.php/es/nova/xxxv-acampadas-intermunicipais-na-natureza-vilarbo-2023
Inscripción do 1 ao 15 de xuño no departamento municipal de Servizos Sociais do Concello de Pontedeume, previa cita telefónica no 981433288.