Xantar de Entroido
- Este evento xa pasou.
Xantar de Entroido
14 Febreiro, 2023, 14:00 - 17:30
O Concello de Pontedeume dende o Programa de Dinamización Social e Fomento da Participación Cidadá, impulsa unha serie de accións dirixidas ao colectivo das persoas maiores que, ten como máxima: desenvolver políticas sociais dirixidas a mellorar a súa calidade de vida para acadar un envellecemento activo real.
Dende os servizos sociais municipais tramítanse e xestiónanse moitas destas accións e, vinculado a este departamento, cabe destacar a acción preventiva e de promoción persoal e funcional que a través da realización de actividades socio-culturais e recreativas, así como, a prestación doutros servizos, que leva a cabo o Centro Municipal de Persoas Maiores.
O vindeiro día 14 de febreiro realizarase a tradicional Festa de Entroido dirixida a este colectivo de poboación.
Esta actividade naceu para converterse nun espazo de convivencia facilitador do establecemento de relacións interpersoais e sociais.
Todas as persoas interesadas en participar na Festa de Entroido poden informarse e inscribirse no Centro Municipal de Maiores ou no departamento de servizos sociais municipais ata o vindeiro día 10 de febreiro