Taller Encantada de Coñecerme
- Este evento xa pasou.
Taller Encantada de Coñecerme
23 Novembro, 2022, 10:00 - 13:00
TALLER: ENCANTADA DE COÑECERME os días 23 e 30 de novembro de 10:00h a 13:00h.
Obradoiro de autocoñecemento e saúde sexual para mulleres.
Todas as interesadas poden inscribirse no departamento de servizos sociais antes do 23 de novembro.
Este obradoiro está dirixido a crear un espazo de ensino e aprendizaxe grupal sobre a sexualidade e a saúde sexual, en relación aos seus aspectos físicos, biolóxicos e sociais.
Ten como obxectivo aumentar os coñecementos das participantes en conexión coas súas propias vivencias; dar resposta ás súas inquietudes, normalizar diferentes situacións, e ofrecer unha base común que lles permita tomar decisións autónomas sobre a súa sexualidade e relacións, en base ao seu propio marco de valores.
Así mesmo, o obradoiro permitirá mellorar as súas actitudes cara á sexualidade, entendéndoa como unha dimensión humana fundamental, como unha realidade diversa e como un valor; e mellorará as súas habilidades de comunicación e negociación.
Desta forma, contribuirase a un maior benestar por parte das mulleres, a unha maior prevención de riscos e, en definitiva, a un maior grao de saúde sexual.
Os talleres suporán, ademais, un espazo de encontro que permita a posta en común de opinións e vivenzas e, en moitas ocasións, a axuda mutua que redunda tanto na adquisición de habilidades por parte das mulleres, como na creación de redes de apoio.
•Programa DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO impulsada dende a área de Igualdade da Excma. Deputación Provincial da Coruña.
Nesta edición as accións a desenvolver diríxense, preferentemente, a centros educativos a través da colaboración dos Concellos para involucrar á comunidade educativa (profesorado, alumnado e familia) na responsabilidade de acadar un entorno dixital seguro e igualitario.