O Concello de Pontedeume inaugura o ‘Novembro Fotográfico 2022’ na Casa da Cultura coa exposición ‘Mi jardín de margaritas’ de JJG Meizoso.
As obras poderanse ver dende este sábado día 12 ata o domingo 27 de novembro en horario de 18.00 a 20.30 horas de martes a domingo.
O ferrolano José Juan González Meizoso é maiormente un artista autodidacta, especializado na fotografía analóxica e moi interesado nos chamados procesos antigos ou nobres.
JJG Meizoso xa conta con varias exposicións a título individual coma ‘Entre mans’ ou ‘Love, peace, ligth and life… eternal’ organizadas en lugares como Carral, Culleredo, Ferrol ou Arteixo, así como de xeito colectivo como ‘Falando en Prata’, ‘Ferrol cara B’, co gallo do ‘24×24 Foro Lumen’, ao tempo que é colaborador en diversos proxectos e conta con dúas pezas audiovisuais do festival ‘Visions’ creado por Zlick en A Coruña, na que se proxectaban as obras en diversos puntos da cidade herculina.
Con esta nova edición de “Novembro Fotográfico”, o Concello de Pontedeume busca un ano máis fomentar a traxectoria artística dos fotógrafos e fotógrafas é achegar aos cidadáns unha nova opción cultural.