Curso de Xestión Electrónica para asociacións

Curso de Xestión Electrónica para asociacións

O vindeiro venres 28 de outubro, en colaboración coa Asociación Euroeume, comeza na Aula Cemit (Edificio de Foremdes) o curso de Xestión Electrónica para asociacións.
Os contidos do curso centraranse en tres áreas:

-Trámites no rexistro de asociacións (certificados dixitais, xunta directiva, solicitude de certificados, modificación de estatutos, etc..)
-Xestión administrativa das asociacións: Ferramentas electrónicas, contabilidade, facturacións e subvencións, etc..
-Comunicación e dinamización nas asociacións:Ferramentas electrónicas para elaboración de memorias, comunicación interna, difusión de actividades, manexo de redes sociais, etc..

Todos os venres, en horario de 18 a 20 horas, desde o 28 de outubro ata o 2 de decembro.

Todas as entidades interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información a través do correo electrónico euroeume@euroeume.org ou no teléfono 699556438.