Achégate a Europa da man do proxecto Xeración
![Cargando eventos](https://www.pontedeume.gal/wp-content/plugins/the-events-calendar/src/resources/images/tribe-loading.gif)
- Este evento xa pasou.
Achégate a Europa da man do proxecto Xeración
2 Outubro, 2022, 11:00 - 20:00
![](https://www.pontedeume.gal/wp-content/uploads/2022/09/Xeracion_Nos_Autocaravanas.jpg)
Este domingo, 2 de outubro, chegará a Pontedeume o Proxecto Xeración.
Unha oportunidade de coñecer todos os programas europeos de mobilidade xuvenil ao tempo que
poderás practicar o teu inglés con participantes que chegan de Grecia, Holanda ou Bulgaria.
Achégate e coñecer a súa EuroLibrary (Biblioteca Humana), xogos interactivos, actividades de conversa en inglés
e o seu stand informativo sobre mobilidade por Europa.
O proxecto Xeración estará coas súas caravanas na Alameda de Raxoi con todas as actividades desde as 11 da mañá
e ás 19 horas poderás visitar a súa exposición “As estacións do noso Camiño” na Casa da Cultura.
Non perdas esta oportunidade! Tes toda a info na seguinte web: https://xeracion.org