Teatro-A nena que quería navegar
![Cargando eventos](https://www.pontedeume.gal/wp-content/plugins/the-events-calendar/src/resources/images/tribe-loading.gif)
- Este evento xa pasou.
Teatro-A nena que quería navegar
7 Outubro, 2022, 19:00 - 20:00
![](https://www.pontedeume.gal/wp-content/uploads/2022/09/ANenaQueQueriaNavegar_Teatro_2022.jpg)
A Nena farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros foxe da escola coa intención de non volver nunca máis.
Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida.
Enseinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser único e especial e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.
“A Nena que quería navegar” é unha comedia para público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima.
Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeoproxeccións e a música en directo.