Ábrese o prazo de inscrición no servizo “Madrugadoras/Madrugadores” para o vindeiro curso escolar 2022/2023 dende o día 1 de agosto ata o día 6 de setembro.
O programa é unha das medidas de conciliación que o Concello de Pontedeume pon ao servizo das familias eumesas do alumnado dos centros escolares públicos de infantil e primaria C.E.I.P. Couceiro Freijomil e C.E.I.P. de Andrade, respondendo así aos seguintes obxectivos xerais:
•Facilitar ás familias das nenas e nenos de ambos centros escolares a posibilidade de conciliar a súa vida persoal, familiar e laboral, no horario previo ao comenzo da súa xornada laboral.
•Proporcionar o almorzo ao alumnado, tendo en conta as súas necesidades alimentarias e favorecendo a consolidación de normas, hábitos saudábeis e de hixiene, e unha dieta variada e equilibrada.
O programa Madrugadores é a resposta á necesidade de conciliar a vida persoal, familiar e laboral de moitas familias eumesas.
Consistirá nun espazo saudable e lúdico á vez, no propio centro escolar para que as nenas e nenos almorcen.
A documentación recollerase e entregarase, previa cita, no Rexistro Xeral do Concello, Servizos Sociais ou mediante sede electrónica.