Os días 8 e 9 de xullo Pontedeume acolle o Festival de Músicas Trasatlánticas “O Encontro Migrante”.
Un festival promovido pola asociación Afuerenyo e apoiado polo Concello de Pontedeume que pretende crear intercambios culturais a través das músicas de autor e o folclore actual de Argentina, Cuba, Colombia, Portugal e Galicia.
A presentación do festival terá lugar o venres 8 de xullo ás 19 horas e dará paso a O Laboradoiro (Argentina) continuando con Oyes Sebas (Colombia) ás 21 horas e ás 22:30 actuará Caldo de Vigo.
O sábado 9 de xullo ás 19:30 estará no escenario Luiz Caracol(Portugal), ás 21 horas Dúo Jade (Cuba) poñendo o broche final o grupo eumés Faltriqueira ás 22:30.
Tamén estarán presentes durante os dous días os pintores Celia Moro e Fabio Castro que pintarán un mural de maneira simultánea ás actuacións musicais.
O obxectivo deste festival é unir ás persoas a través da música e recordar o pasado emigrante de Galicia ao igual que son outras neste país fomentando a diversidade cultural, as músicas populares e minoritarias desde a inteculturalidade nacida das migracións trasatlánticas.
Un festival intexeracional e integrador que promova a música en directo como ferramenta enriquecedora para a sociedade.