O Concello de Pontedeume participa o domingo 12 de xuño na V Edición da Feira da “Primavera no Camiño Inglés” que terá na Alameda de Góis de Sigüeiro.
Nesta edición, promovida pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e da Deputación da Coruña, o Concello de Pontedeume contará coa presenza de “Cunchas Casaprima” que ofrecerá degustacións dos seus produtos do mar promocionando o Mercado Municipal de Pontedeume ademáis de dar a coñecer “Paseos na noite de Pontedeume”, unha das iniciativas máis exitosas deste último trimestre. Unhas visitas guiadas diferentes nas que a través da figura da serena Carmen desvélanse lendas e segredos da nosa vila.
Ademáis distribuiráse material informativo turístico e realizaranse proxeccións audiovisuais que amosan os múltiples atractivos históricos, culturais, naturais e gastronómicos que ofrece a nosa vila a todas as peregrinas e peregrinos que realizan esta ruta xacobea.
Por outra banda, repartirase material de merchandising que fará fincapé en dúas das citas obrigadas e máis esperadas no calendario eumés como son o Feirón Medieval dos Andrade e As Festas das Peras.
Podes consultar o programa de actividades no seguinte enlace: