Primeiro evento do Clube de Innovación Horizontec
- Este evento xa pasou.
Primeiro evento do Clube de Innovación Horizontec
26 Marzo, 2022, 11:30 - 12:30
O Concello de Pontedeume informa do primeiro evento do Clube de Innovación Horizontec, no que os participantes, de 13 a 16 anos, realizan os seus proxectos no ámbito do deseño, impresión 3D e robótica.
Será este sábado, 26 de marzo, de 11:30 a 13:00 horas na Casa da Cultura.
A entrada é gratuíta e o aforo limitado.
No evento, organizado e dirixido polas propias alumnas e alumnos do clube, se presentarán os deseños e as pezas que se imprimiron en 3D.
Explicaránse ademáis o funcionamento da impresora e os dispositivos de robótica que crearon.
Presentarán tamén un experimento que deseñaron para medir a aceleración da gravidade e probar a hipótese de que dous obxectos de distinta masa caen á mesma velocidade, sendo a única variable que o modificaría o rozamento co aire.
Como invitado nesta edición, participará no acto Miguel Vidal, director técnico de ArtabroTech, co-descubridor do bosón de Higgs durante a súa etapa no CERN e referente europeo en intelixencia artificial.
Miguel contará nunha linguaxe sinxela a maxia da física de partículas, a ciencia e a importancia dunha curiosidade infinita.
Tanto o clube coma o evento conta co impulso do concello de Pontedeume, entendendo a necesidade de xerar espazos innovadores adicados á mocidade en idades tempranas para poder construir o futuro.