Prazo de presentación de instancias ata o luns 21 de marzo
Requisitos de inscrición:
*Ser maior de 16 anos.
*Posuír, como mínimo, a certificación ESO, con formación mínima acreditada.
* Encontrarse empadroado en calquera dos seguintes concellos que forman parte do destino turístico Ferrolterra-Rías Altas de acordo coa Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior. O empadroamento debe ser anterior ao 1 de xaneiro de 2022.
Duración do curso: 420 horas.
Contidos:
– Executar técnicas específicas de natación, con eficacia e seguridade (120 horas).
– Asistir como primeiro interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia (40 h).
– Previr accidentes ou situacións de emerxencia en espazos acuáticos naturais (60 h).
– Rescatar a persoas en caso de accidente ou situación de emerxencia en espazos acuáticos naturais (120).
– Módulo de prácticas profesionais non laborais de Socorrismo en espazos acuáticos naturais (80 h).
Máis información: www.comarcaferrolterra.es