Formación en Robótica, Deseño e Comunicación na Aula Cemit de Foremdes

Formación en Robótica, Deseño e Comunicación na Aula Cemit de Foremdes

O Concello de Pontedeume xunto coa Fundación Horizontec fomenta a creación dunha comunidade tecnolóxica e de xestión de proxectos entre as rapazas e rapaces de 14 a 15 anos.

Así, entre os meses de febreiro e xuño, na Aula Cemit do Edificio de Foremdes, se realizará un curso onde os asistentes adquirirán habilidades sobre xestión de proxectos, comunicación, electrónica, robótica, hardware, programación e impresión 3d.

O reto desta inicactiva supón que os participantes adquiriran as competencias necesarias para a creación dun “GameTrack”, un sistema de trackeo de posicionamento dos compoñentes dunha equipa de baloncesto en tempo real a través de emisores bluetooh.

A metodoloxías, avances e resolucións de problemas na construción deste proxecto se amosarán de maneira periódica na Casa da Cultura co obxectivo de crear unha comunidade e establecer sinerxias e aportacións entre persoas ou outros clubes tecnolóxicos na creación deste sistema.
Ademáis se complementarán con actividades de divulgación e formación a través de charlas con emprendedores e empresas de innovación.

Todas e todos os interesados poden presentar a súa canditatura na páxina web www.horizontec.org

Do 7 de febreiro ata o 27 de maio
Aula Cemit. Edificio de Foremdes.