Festas e tradicións
Festas
O Concello de Pontedeume conta con numerosas e variadas festividades e celebracións, tanto de carácter relixioso como laico. Algunhas delas, como as festas parroquiais, veñen celebrándose desde hai séculos; outras, desde hai pouco tempo, pero igualmente vividas, gozadas e consideradas xa como propias da tradición eumesa.
O período festivo máis destacado é, como no resto de Galicia, o estío. Con todo, a tradición festiva eumesa esténdese ao longo de todo o calendario, de tal xeito que podemos atopar festas, celebracións e romarías por case todo o ano.
Festas patronais
Festas das Peras
Na honra a San Nicolás de Tolentino e a Virxe das Virtudes do 7 ao 11 de setembro.
Outras festas no casco urban
Na honra á Virxe do Carmen a mediados do mes de xullo.
Festas dos Taxistas
Celebrada o 10 de xullo na honra de San Cristóbal.
Festas nas parroquias
Nogueirosa
Igrexa de San Cosme.
Datas de celebración: 26 e 27 de setembro.
Ombre
Igrexa de Santa María.
Datas de celebración 18 de decembro.
Outras celebracións:
Espíritu Santo: Festa variable segundo o calendario.
Vilar
Igrexa de San Pedro de Vilar.
Data de celebración: 29 de xuño.
Outras celebracións:
San Antonio: 13 de xuño
Santa Margarita: 20 de xullo.
Andrade
Igrexa de San Martiño de Andrade.
Data de celebración: 11 de novembro
Outras celebracións:
Virxe do Leite: Segundo domingo de xullo.
Centroña
Igrexa de Santa María de Centroña
Data de celebración: 15 de agosto
Outras celebracións: A Ascensión. Festa variable segundo o calendario.
Boebre
Igrexa de Santiago de Boebre
Data de celebración: 25 de xullo
Outras Celebracións: A Virxe do Ramo. Domingo seguinte á Semana Santa.
Romarías
San Miguel de Breamo
Os días 8 de maio e 29 de setembro celébrase a tradicional romaría a San Miguel de Breamo.
A primeira promoveuse pola Confraría de San Miguel que xa existía no ano 1557 e na que se celebraba unha procesión desde a igrexa de Vilar.
Castelo Folk
Festival organizado pola ACRM Xente de Aquí e de Acolá de Nogueirosa aos pés do Castelo de Andrade.
Celébrase o primeiro sábado de xuño.
Tradicións
O Paso
Na Semana Santa, arredor das catro da madrugada da noite do Xoves ao Venres Santo, as músicas e músicos de Pontedeume percorren a vila tocando “O Paso”.
Diferentes fontes apuntas que Xoan Bellas Freire (1818-1899) convertiuna nun dos símbolos da cultura eumesa.